21 de noviembre de 2006












Os días 7 e 8 de novembro recibimos no IES de Chapela a visita de Patricia, monitora da Asociación Lilith, organismo encadrado dentro do proxecto da A. D. Área Metropolitana de Vigo CONTA CON ELAS. Os talleres desenvolvidos, incluídos dentro da programación do Departamento de Orientación, foron dirixidos aos/ás alumnos/as de 3º ESO A, B, C e Diversificación.
Eu tamén quero ser..., título que recibiu o taller, tentou analizar a influencia dos estereotipos de xénero na nosa vida cotiá, centrándose principalmente na súa incidencia á hora da orientación laboral e profesional de alumnos e alumnas. O obxectivo traballado durante as dúas horas que durou a experiencia foi que todas e todos teñan a posibilidade de soñar con ser o que queiran sen ser condicionadas ou condicionados. Tentar dunha vez por todas acadar unhas profesións menos sesgadas polos estereotipos de xénero en busca da igualdade de oportunidades entre mozas e mozos.
Se participaches nos talleres: expresa a túa opinión, dinos que che pareceu, que conclusións sacaches... Se o tema é do teu interese, aínda que non asistises a experiencia, deixa aquí os teus pareceres e ideas. Grazas.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume porque foi educativo e aprendemos cousas novas. Ademais ensináronos a tratar ás persoas doutra maneira.

Enviado por Cristina Freiría (3º Div.)
11:16

Anónimo dijo...

Gustoume porque me parece que o tema tratado é de interese xeral xa que todo o mundo debería deixar a un lado os estereotipos, e non crerse menos capaz polo seu sexo. (Cristina, 3ºC)
17:06

Anónimo dijo...

Nestes talleres aprendimos que a sociedade está chea de estereotipos, e isto inflúe na nosa forma de pensar e no noso futuro emprego. Así aprendemos a valorar a todos por igual e aos seus empregos.
Adrián 3ºC
17:11

Anónimo dijo...

Este taller gustoume porque trataba das diferenzas de xénero entre o home e a muller. Creo que está moi ben que se difunda este tema, porque é do interese de todos. Con isto aprendín que, por exemplo, nas tarefas da casa os homes tamén teñen que colaborar coas mulleres. Gabi 3º ESO C
17:13

Anónimo dijo...

Pareceume unha charla moi interesante xa que estes problemas nos poden afectar cando sexamos maiores.Agora tamén. Ademais pareceume moi ben que a fixeran porque aos homes e ás mulleres nos deben tratar sempre por igual.
Antía (3º ESO-C)
17:17

Anónimo dijo...

Aprendimos que está moi ben saber todo sobre as cousas dos homes e mulleres e tamén que está ben saber os estereotipos que proveñen das diferenzas de xénero. A min gustoume porque me divertín facendo todos os traballos de aquel taller. Jorge (3ºeso C)
17:20

Anónimo dijo...

Eu opino que o taller me aportou que no mundo hai moitos estereotipos dos que non nos damos conta e que vivimos con eles toda a vida. Unha muller ten as mesmas capacidades cun home e por iso deberiámolas respectar. Joshua Alonso 3º C.
17:23

Anónimo dijo...

A min a charla pareceume ben,pero creo que puido ser mellor,puido ter sido máis dinámica e participativa. En conclusión non creo que teñamos aprendido moitas cousas.

Gerardo 3º C
17:26

Anónimo dijo...

No taller aprendimos que hai estereotipos de xénero en moitos sitios, na casa, no instituto... e que hai que tratar a toda a xente por igual. Os homes e as mulleres deberían cobrar o mesmo se teñen o mesmo traballo. Ademais os homes tamén deben axudar en casa para ter unha sociedade máis xusta.
David (3ºESO C)
17:30

Anónimo dijo...

A charla deume a coñecer moitos estereotipos que antes non apreciara, e pareceume un tema interesante para facer un taller sobre iso.

Yago 3ºESO C
17:32

Anónimo dijo...

Eu creo que os estereotipos habería que eliminalos porque, queiramos ou non (para as mulleres máis que para os homes,)repercutirá nos nosos futuros.
Unha consecuencia sangrante dos estereotipos é que homes cobran máis que as mulleres facendo o mesmo traballo. Sergio 3º ESO C.
17:35

Anónimo dijo...

O Taller Lilith, que nos deu Patricia, foi divertido porque nos organizamos de forma diferente na clase e participamos todos/as. Ela manexava moi ben o grupo. Aprendimos cousas novas sobre as diferencias de xénero, e que pedindo as cousas por favor conseguimos máis que se empregamos a forza.

David (3ºDiv)
09:51

Anónimo dijo...

Eu valoro esta experiencia de 0 a 10, cun 8, penso que tíñamos que facer máis cousas e que o taller podía ser máis longo.Gustoume a actividade dos SOLES onde vimos clarísimamente como existen estereotipos de xénero entre nós, que debemos deixar aparte.

Sandra (3ºDiv)

Anónimo dijo...

Considero esta experencia interesante e a volvería a repetir outro ano, porque se aprenden cousas interesantes sobre as diferencias de xénero e o trato coas persoas. Pareceume interesante o conto que limos de Jorge Bucay titulado "O ELEFANTE ENCADEADO".
10:13

esthal dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Patricia, a rapaza que nos deu o taller de igualdade de xénero era agradable, soubo relacionarse co alumnado, foi simpática e manexou ben ó grupo.
Eu melloraría a participación do alumnado, e que perderan a vergoña para dicir máis cousas.
A experiencia aportoume novas ideas sobre a igualdade de xénero.

Graciela(3ºDiv)