21 de noviembre de 2006












Os días 7 e 8 de novembro recibimos no IES de Chapela a visita de Patricia, monitora da Asociación Lilith, organismo encadrado dentro do proxecto da A. D. Área Metropolitana de Vigo CONTA CON ELAS. Os talleres desenvolvidos, incluídos dentro da programación do Departamento de Orientación, foron dirixidos aos/ás alumnos/as de 3º ESO A, B, C e Diversificación.
Eu tamén quero ser..., título que recibiu o taller, tentou analizar a influencia dos estereotipos de xénero na nosa vida cotiá, centrándose principalmente na súa incidencia á hora da orientación laboral e profesional de alumnos e alumnas. O obxectivo traballado durante as dúas horas que durou a experiencia foi que todas e todos teñan a posibilidade de soñar con ser o que queiran sen ser condicionadas ou condicionados. Tentar dunha vez por todas acadar unhas profesións menos sesgadas polos estereotipos de xénero en busca da igualdade de oportunidades entre mozas e mozos.
Se participaches nos talleres: expresa a túa opinión, dinos que che pareceu, que conclusións sacaches... Se o tema é do teu interese, aínda que non asistises a experiencia, deixa aquí os teus pareceres e ideas. Grazas.